Comeza en Pontevedra a XXV Semana Galega de Filosofía

    filosofia_100.jpgPONTEVEDRA > Hoxe comezou en Pontevedra a vixésimo quinta edición da Semana Galega de Filosofía; que organiza a Aula Castelao de Filosofía.

    Este ano, as xornadas xirarán en torno á Filosofía e a Utopía, e abordaranse ademais temas como o urbanismo e a ecoloxía no mundo, e de xeito máis concreto na nosa comunidade.

    Desde hoxe e ata o venres, o centro cultural de Caixanova da Cidade do Lérez acollerá cadansúas cinco charlas en quendas de mañá, tarde e noite. As primeiras exposicións do día terán un corte marcadamente teórico e filosófico, as do serán abordarán a perspectiva galega destas cuestións e as da noite tenderán a ser foros abertos de interese para a cidadanía en xeral.

    No global destas quince conferencias intervirán destacados filósofos e persoeiros do mundo do coñecemento e da ciencia. A organización conta con 1.300 matriculas formalizadas, das que, as que xustifiquen a súa asistencia, conseguiran un diploma acreditativo. Con todo, tamén pode acudir de balde o público en xeral que o desexe sen previo aviso.

    Para coñecer o listado completo da programación chega con acceder á páxina web da organización en www.aulacastelao.com.

    Redacción Salnés