‘Súmate ó rosa’ enche de cor e solidariedade os comercios de Boiro

BOIRO> A patronal boirense tamén se suma ós actos do día do cancro, neste caso co de mama. Farao a través da campaña ‘Súmate ó rosa’ que promove Cimadevila Salud

Boa parte dos escaparates dos comercios e tendas de boiro locen estes días de rosa. Trátase da  campaña ‘Súmate ó rosa’ coa que colabora este ano a ABE, a través da cal tenta dar visibilidade a esta enfermidade.

A campaña prolongarase ata o domingo. Coincidindo co día da andaina solidaria contra o cancro que promove Cimadevila Salud e que encherá á localidade da cor rosa, prevéndose unha participación próxima ás tres mil persoas.