Xa están aquí as rebaixas de verán

Pontevedra> Un día antes do habitual, neste 30 de xuño comezaron oficialmente as rebaixas de Verán. Dende a Federación Provincial de Comercio estiman que cada pontevedrés gastará 57 euros de media nestes descontos. Hoxe, polas rúas da cidade do Lérez, puidemos ver ambiente de compras. O que máis se vende nestas rebaixas é a roupa e o calzado. Xuño pecha o seu mes co comezo das rebaixas, nesta xornada comezaron as rebaixas de verán. Dende a Federación Provincial de Comercio estiman que na provincia gastase un total de 52,5 millóns de euros en total, deles 7 millóns corresponden á comarca de Pontevedra e 5,5 a do Salnés. Son días fortes para o comercio onde a xente o que máis busca é roupa e calzado. Ainda que os descontos no son moi elevados en moitas ocasións sempre se pica en algo. E a hora de levar programadas as compras hainos que levan os deberes feitos dende a casa e outros que se deixan levar pola improvisación. En canto o orzamento hainos quen se marcan un tope e outros que van a ver o que atopan. Ata comezos de setembro haberá descontos nas tendas, dende a Federación Provincial de Comercio agardan que nestas rebaixas de verán aumente un 5 por cento o gasto. Para isto axudará o tempo seco que se prevé volva dende mañá á provincia.