Leiceaga solicita ao PP a transferencia da AP-9

Pontevedra> O voceiro do PSdeG- PSOE estivo hoxe en Pontevedra. Nunha xornada onde se reuniu cos empresarios da cidade. No encontro, que posteriormente mantivo cos medios, Leiceaga denunciou publicamente o veto que o Goberno Central quere realizar para a transferencia da AP-9. O líder socialista cree que isto é inadmisible e pídelle a Feijóo que lle deixe de tomar o pelo aos galegos. O líder dos socialistas galegos estivo hoxe en Pontevedra. Na súa visita a cidade do Lérez, Xaquín Fernández Leiceaga denunciou o veto que o Goberno Central quere realizar na tramitación propia da lei para a trasnferencia da AP-9. Unha decisión inaceptable para o socialista. Esta lei transferencia pode ser aprobada na mesa do Congreso dos Deputados, para iso necesitan un voto a favor máis. Dende as filas socialistas agardan que o Goberno Central recapacite e admita esta transferencia. Unha transferencia que dende as filas populares tamén solicitan dende Galicia.