A reforma da rúa da Santiña poñerase en marcha a finais de ano cun orzamento de 1,8 millóns de euros

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra presentou hoxe o proxecto básico de rehabilitación da rúa da Santiña. O obxectivo do goberno  local é estender a esta zona o modelo de cidade da Boa Vila. A actuación contará cun orzamento de 1,8 millóns de euros e podería comezarse a finais deste mesmo ano.

1,8 millóns de euros, ese será o orzamento destinado á reforma da rúa da Santiña. O concelleiro de obras de Pontevedra presentou hoxe o proxecto básico de rehabilitación integral desta rúa e deixou claro cales son os dous obxectivos principais desta intervención. Por unha banda, mellorar a calidade de vida dos veciños deste barrio e, por outra, completar o treito urbano do Camiño de Santiago.

Nesta actuación, o Concello estenderá o modelo de cidade de Pontevedra a este barrio. En primeiro lugar, dotarase a esta rúa de plataforma única cun pavimento que unificará toda a intervención. Ademais, crearanse zonas de estancia e arborado e renovarase toda a iluminación.

En último lugar, o goberno local renovará tamén outros servizos como o de saneamento e o de augas.  A intención do Concello é tramitar este proxecto antes de primavera para así poder comezar as obras de cara a finais de ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí