O concello presenta a 10 das empresas que viaxarán na misión comercial a México

Pontevedra> O Concello de Pontevedra deu a coñecer o nome de dez empresas que formarán parte da misión comercial a México. Unha cita que o Goberno prepara para finais do mes de agosto. A concelleira de Promoción da cidade lembrou que a misión segue aberta para empresas que estean interesadas. As empresas confirmadas para a misión comercial en México que encabezará o Goberno Pontevedrés serán Covsa, empresa no ámbito da construción, Galventus unha compañía especializada no mantemento de parque eólicos, TokApp, empresa de comunicación entre centros escolares e pais, Setga, compañía punteira no sector do deseño e fabricación, Crack Zapaterías, Yatecomeré do ámbito gastronómico, O graneiro de Amelia referente na venda de productos a granel, Matriuska Producciones do sector audiovisual e Iñaqui Bretal chef no grupo Nove. Ademais tamén viaxarán Turismo de Pontevedra e a Mancomunidade do Salnés. Dende esta misión tentaron levan a D.O nesta viaxe, pero xustamente estarán no mes de setembro en México nun showcase. A esta misión tamén se unirá, Tino Lores, presidente da Fundación Amigos do Camiño Portugués, que aproveitará a misión para promocionar as rutas de peregrinación a Santiago que atravesan as Rías Baixas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí