O sector turístico prepárase para a tempada estival

GALICIA> Galicia prepárase para impulsar o turismo tras o coronavirus. O sector perdeu xa unha das datas máis importantes, a Semana Santa, e agora traballa para que non aconteza o mesmo coa tempada estival.

Todo apuntaba a que este 2020 ía a ser un bo ano no sector turístico pero a crise do coronavirus truncou todas as expectativas. Coas cancelacións de Semana Santa, todo o sector sufriu un trompazo importante. Sen embargo e coa vista posta xa na “nova normalidade”, dende a Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia manteñen a esperanza de cara a tempada estival.

O sector do turismo confía en que se manterán os bos resultados dos últimos anos. Iso si, están convencidos de que haberá cambios na duración das estancias.

Que a xente perda o medo a viaxar é un dos obxectivos deste sector, por iso é importante actuar con responsabilidade para volver a converter a comunidade galega nun destino turístico seguro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí