A Deputación da un ultimato á Xunta pola situación do Príncipe Felipe

Pontevedra> Ultimato da Deputación de Pontevedra á Xunta de Galicia en relación á situación do Príncipe Felipe. Dende o Pazo Provincial din que non teñen inconvinte en recibir aos nenos e mozos que lle mandan dende o Goberno Galego, pero o que non poden permitir é que mozos conflitivos e con antecedentes entren neste centro, porque senon, a filosofía do mesmo estaría caendo polo seu propio pé. A situación do Príncipe Felipe preocupa á Deputación de Pontevedra. Nos últimos meses dende a Xunta, tralo convenio asinado coa Deputación, lles envían mozos de diferentes concellos galegos, mozos con dificultades que reciben a formación educativa necesaria neste espazo. Ata aquí todo ben, o problema chega cando á Xunta está enviando mozos conflitivos, algúns con antecedentes, que sembran o temor e pánico no Centro Príncipe Felipe. Dende a Deputación din que son entre 5-10 mozos conflitivos os que chegaron nos últimos meses, mozos que a Xunta debería enviar a outro centro ou dende a Deputación incluso lle dan a posibilidade de habilitar un módulo para estes mozos cunha problemática distinta e especifica aos que teñen no Príncipe Felipe. O director do centro agradeceu o traballo que están realizando os docentes deste centro e ten claro que os menores conflitivos non poden continuar neste espazo. Dende a Deputación dan agora un ultimato á Xunta de Galicia co fin de que se poña as pilas e faga algo con estes mozos, para así, que o Príncipe Felipe poda continuar coa súa labor educadora habitual.