Xuño deixa na provincia 4692 parados menos

Pontevedra> A provincia de Pontevedra conta con 4692 parados menos dende o mes de xuño. Dende os sindicatos denuncian a precariedade nos contratos que se dan nesta época do ano, e a presidenta da Deputación destaca que soamente o 7.9 por centro destes contratos son indefinidos. Chega o verán, e con él, o sol, o bo tempo e bos datos para o paro. A provincia de Pontevedra conta con 4692 parados menos dende o mes de xuño. Concellos como os de O Grove conta con 235 parados menos, Pontevedra con 395 ou Sanxenxo que resta 305 persoas da súa lista do paro. Isto débese en boa medida a que se tratan de contratos temporais no sector servizos que chegan nesta época do ano. O turismo é sen dúbida un dos motores económicos nas Rias Baixas. Dende a Deputación, a Presidenta lamentou a precariedade dos contratos que chegan no verán. Todo parece indicar que eses datos positivos se manterán no verán, pero que ao chegar o mes de outubro volverá a subir a paro, que aínda que estemos falando de que 4692 persoas obtiveron un contrato no mes de xuño son 74654 as persoas que continúan nas listas do INEM.