Estes son os obxectivos do BNG para a recta final da lexislatura

PONTEVEDRA> O BNG anunciou esta mañá as liñas de traballo nas que se centrará nos vindeiros meses dende o Parlamento galego. 3 eixes principais centrados na ría de Pontevedra, na mobilidade e nos servizos públicos e de emerxencias. Luis Bará asegurou que o seu partido oporase á ampliación da depuradora de Lourizán e tratará de buscar unha solución para o dragado do Lérez.

O BNG deu a coñecer esta mañá as súas prioridades de traballo no Parlamento galego para a recta final da lexislatura. A Ría de Pontevedra, a mobilidade e os servizos públicos e de emerxencias da comarca serán os 3 piares nos que incidirán os nacionalistas. O deputado Luis Bará asegurou que o seu partido seguirá rexeitando a ampliación da depuradora de Lourizán e traballará para buscar unha solución ao dragado do Lérez.

Na parte da mobilidade, o BNG quere prestar atención á seguridade viaria da PO-308, da PO-546 e da PO-531. Tamén seguirán esixindo a transferencia e a redución dos peaxes da AP-9.

Por último, o BNG centrarase nos servizos públicos e de emerxencias da comarca de Pontevedra. Luis Bará incidiu neste eido na comarcalización dos parques de bombeiros.

O deputado nacionalista tampouco pasou por alto o futuro da pasteira de Lourizán. Luis Bará remarcou a importancia de ter voz no Goberno central para sacar a ENCE da Ría de Pontevedra.