A Festa do Tinto de As Neves reivindica a importancia do tinto das Rías Baixas

AS NEVES> Despois de varias presentacións na provincia, finalmente chegou a celebración da Festa do Tinto de As Neves. Un evento que nesta ocasión celebraba a súa doceava edición reivindicando a importancia do tinto de Rías Baixas. Todo esforzo ten a súa recompensa. Obviamente as continúas labores de promoción e o boca en boca dos asistentes a cada edición, fixeron que a Festa do Tinto de As Neves, este ano experimentase un notable incremento de visitantes. Unhas corenta marcas procedentes de 14 adegas diferentes foron as protagonistas de esta festa na que o obxectivo era reivindicar a importancia do tinto de Rías Baixas. A configuración da celebración variou este ano, ao converter en nocturna a primeira xornada, que tivo lugar o sábado. O pregón supuxo un arranque novedoso, onde se impresionou aos asistentes cunha caracterización de cepa, e unha combinación de elementos que poñen o acento na terra.