Pontevedra> A voceira galega do BNG estivo esta mañá ás portas de Ence demandando un cambio na política forestal. Ana Pontón propúxolle hoxe á Xunta, a creación dun gran acordo de país que deixe atrás o modelo do monocultivo de eucalipto, que tanto afecta nos montes galegos. A líder galega do BNG ten claro que a política forestal dun país non pode estar ao servizo dunha pasteleira, unha fábrica, ENCE, da que dixo o único que está a facer é a contaminar a ría de Pontevedra. Ana Pontón cree que é momento de por en marcha un gran acordo de país que deixe atrás o monocultivo do eucalipto co fin de loitar contra a lacra dos lumes en Galicia. Ana Pontón cree que o grave problema para o medio ambiente é converter a Galicia nun gran eucaliptal o que significa é que se alimenta que os incendios cada vez sexan maiores e teñan máis impacto.
Inicio PONTEVEDRA