O Colexio de Barcelos pon en marcha uns talleres de igualdade para os máis pequenos

PONTEVEDRA> O Colexio de Barcelos puxo hoxe en marcha un taller de igualdade nas súas aulas. Trátase dunha actividade organizada pola Asociación de Nais e Pais a través das axudas que ofrece a Xunta de Galicia cos fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. Unha forma de inculcar os valores de respecto e igualdade entre os máis pequenos.

A educación é a base para erradicar todas as formas de violencia de xénero. Por iso, dende a Asociación de Nais e Pais deste Colexio de Barcelos quixeron impulsar,  a través das axudas da Xunta de Galicia, estes talleres de igualdade.

Estas actividades desenvolveranse ao longo de 10 sesións. Na de hoxe o obxectivo era fomentar a autoestima e o autoconcepto. Dúas ideas que se puxeron en valor mediante este fío.

Os talleres de igualdade levaranse a cabo en todas as aulas de infantil e de primeiro e segundo de primaria. Unha actividade que demostra a importancia de educar aos máis pequenos para promover relacións baseadas no respecto e na igualdade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí