Usuarios do Centro Méndez Núñez ‘patrullan’ o Camiño de Santiago coa Policía Nacional

PONTEVEDRA> Usuarios da Asociación Virxe da O patrullaron hoxe o Camiño de Santiago. Unha vintena acompañaron á Policía Nacional nun treito do trazado, no marco do programa ‘Protexemos os Camiños’.

23 usuarios do Centro Méndez Núñez, da asociación de persoas con discapacidade Virxe da O, exerceron hoxe de patrulleiros do Camiño de Santiago.

A actividade desenvolveuse no marco do programa ‘Protexemos os Camiños’, da Dirección Xeral de Policía. Xuntos, usuarios e policías cubriron o treito entre a Praza da Peregrina ata a igrexa de Santa María de Alba.

Para os usuarios do Centro Méndez Núñez, a actividade foi toda unha festa. Confesáronse afeccionados ao Camiño, por iso colleron con ilusión a proposta.

Os usuarios tiveron incluso a súa propia compostelana, cun selo especial da policía como proba da participación na etapa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí