CC.OO. reclama para Pontevedra o proxecto de fábrica de papel tisú anunciado para As Pontes

PONTEVEDRA> No eido sindical hoxe tamén foi xornada de celebración. Para Comisións Obreiras, plataforma maioritaria nos comités de empresa de ENCE, a decisión do Tribunal Supremo remata coa incerteza. Os seus dirixentes aseguran que reclamarán á pasteira máis investimentos para Lourizán. Incluso que se traslade á factoría pontevedresa o proxecto pensado para As Pontes dunha fábrica de papel tisú. Tamén se referiron á posición do concello de Pontevedra. Cren que a sentenza é un fracaso persoal de Lores e do BNG.

Deste xeito definiron dende Comisións Obreiras a xornada de onte, cando se coñeceu a sentenza do Tribunal Supremo que valida a continuidade de ENCE en Lourizán.

Dende o sindicato aseguran que a súa prioridade foi sempre a defensa dos postos de traballo e atribúen á mobilización do persoal este éxito nos tribunais.

Pedrosa tamén se referiu ao concello de Pontevedra. Criticou a intención do alcalde de seguir recorrendo a sentenza.

De cara ao futuro, Comisións Obreiras asegurou que a intención é esixir a ENCE que reforce a súa aposta por Lourizán. Reclaman un plan estratéxico de investimentos e un maior control das condicións dos traballadores das empresas auxiliares. Tamén reclaman para Pontevedra o proxecto que a pasteira anunciou para As Pontes.

Pedrosa criticou ademais a actitude doutros sindicatos que, asegurou, antepuxeron outros intereses aos dos traballadores.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí