Carmela Silva sinte vergoña polo non do PPdeG a Lei de Identidade de Xénero

Pontevedra> A presidenta da Deputación de Pontevedra, considera unha vergoña que o PPdeG non aprobe a lei de identidade de xénero que mañá se debaterá no Parlamento galego. Unhas declaracións que realizou esta mañá na presentación do documental Sorrisos transformadores sobre as persoas transexuais. Finalmente e despois de tres anos de trámites e de moita loita o PP de Galicia non aprobará a lei de identidade de Xénero que mañá se debaterá no Parlamento Galego. Din os populares que non é unha lei necesaria e no seu lugar van a crear unha unidade de trastorno de identidade de xénero. Un feito que criticaron duramente dende a asociación de Familiares de Menores Trans de Galicia xa que non entenden que os seus nenos ou nenas teñan que ser diagnosticados por psicólogos e psiquiatras para descartar que teñan algunha enfermidade mental./ A presidenta da Deputación dixo que é unha vergoña que en pleno século XIX se chegue a este punto de contar cun goberno incapaz de lexislar con xustiza. Unhas declaracións que se realizaron na presentación do documental Sorrisos Trasnformadores. Un documental de 20 minutos que trata de achegarnos dun xeito positivo e alegre a realidade que viven os transexuais na sociedade actual. Un documental que dende hoxe comezará a proxectarse nos concellos da provincia co fin de achegar a realidade trans a toda a sociedade.