Volta ó pasado mariñeiro nas xornadas ‘Muros mira ó Mar’

MUROS> Muros volveu mirar ó mar. Nesta décimo terceira edición das xornadas mariñeiras, centos de persoas pasaron pola vila para retroceder no tempo. Artesanía, música e tradición encheron as rúas do casco durante toda a fin de semana. Como cada ano por estas datas, Muros retrocede no tempo para converterse na antiga vila mariñeira que foi a principios do século XIX. Non só os veciños se visten para a ocasión senón que tamén engalanan as súas vivendas para realizar esta viaxe ó pasado que cada vez conta con máis adeptos. Ademais dos numerosos posto de artesanía instalados ó longo do casco histórico, desenvolvéronse durante toda a fin de semana numerosas actividades. Obradoiros, exposicións, concertos ou visitas guiadas para coñecer os oficios tradicionais. A música e a animación de rúa tiveron tamén un especial protagonismo neste encontro que vai xa pola súa decimo terceira edición. A resposta dos muradáns e o éxito de público garante a súa continuidade polo que Murso continuará ‘Mirando ó Mar’ por moitos anos.