O BNG oponse a unha nova ampliación da Tomada

    POBRA> O BNG da Pobra amosou o seu rexeitamento á nova ampliación da Tomada que propón o Partido Popular. Os nacionalistas critican ó goberno de Nós Pobra por permitir que o proxecto saia adiante coa súa abstención. A proposta dos populares para acometer unha nova ampliación da Tomada non convence ós populares. Conscientes da necesidade de contar con máis chan industrial consideran que esta proposta non sería viable e critican a falla de seriedade dos argumentos populares. As críticas dos nacionalistas diríxense tamén contra Nós Pobra por non exercer a súa responsabilidade de goberno e facilitar a aprobación desta moción coa súa abstención. A este proxecto que cualifican de irrealizable contrapoñen a reserva de chan industrial contemplada no macropolígono entre A Pobra e Ribeira que xa propuxeron o goberno bipartito da Xunta en 2006. Unha alternativa din, viable e moito máis áxil, que nun prazo de dous anos podería comezar a materializarse.