Máis de 500 persoas participarán este sábado na VI Milla Urbana

PONTEVEDRA> Hoxe celébrase o Día Mundial da Diabetes. Unha enfermidade que afecta en España a 6 millóns de persoas. Enmarcado neste día e co obxectivo de fomentar un estilo de vida saudable, o Concello de Pontevedra presentou hoxe a tradicional Milla Urbana. Un evento deportivo de solidariedade e de visibilidade que se levará a cabo este sábado.

Hoxe é o Día Mundial da Diabetes. Unha enfermidade que actualmente padecen en España preto de 6 millóns de persoas. Nesta patoloxía, o deporte e a asistencia psicolóxica son dous factores fundamentais.

Co obxectivo de dar visibilidade a esta enfermidade, Pontevedra acollerá este sábado a VI edición da Milla Urbana Solidaria. Entre todas as categorías, a organización espera poder superar este ano os 500 participantes.

A milla contará cun percorrido de 1.609 metros. A xornada do sábado está prevista que comece ás 16:30 horas coa categoría sub 10 e que remate coa competición elite, tanto feminina como masculina, ás 18:30 horas. Entre os participantes repartiranse 1.000 vasos reutilizables coma este e regalaranse as camisetas azuis de Anedia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí