A actitude do concello sobre a árbore de Bamio indigna aos veciños

    VILAGARCÍA> A árbore da rúa Cobiña, en Bamio, continúa a enfrontar a veciños e concello. No pleno de onte, a intervención do concelleiro Jesús Longa indignou á afectada que encabezou a recollida de sinaturas para solicitar a poda. Segundo Susa García, o goberno local está a pór escusas para ignorar os case 500 apoios á súa reclamación.

     

    Susa García abandonou onte o pleno de Vilagarcía indignada.

    A semana pasada, esta veciña entregara no rexistro case 500 sinaturas solicitando a poda da árbore da rúa Cobiña, en Bamio. Porén, dende o concello aseguraron que o que se pedía era a súa tala.

    Por iso reclama unha resposta por escrito do concelleiro.

    O que ten claro esta veciña é que non parará ata que o concello atenda as súas reclamacións, e é que a árbore xa lle deu algún susto.

    Dende entón continúa á espera de que o goberno local poña fin ás súas preocupacións.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/29/queixa_arbore_bamio.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/29/queixa_arbore_bamio.mp4{/flowplayer}