A Conselleira do Mar visita a lonxa de O Grove para valorar os primeiros días da centola

    O GROVE> A conselleira do Mar visita a lonxa de O Grove para valorar coa confraría o adianto no inicio da campaña da centola. Despois dun primeiro día con bos prezos pero gran dificultade para chegar aos topes os mariñeiros son optimistas pero cautos.

     

    Invitada polo patrón maior da confraría de O Grove a conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou a lonxa da vila para coñecer de primeira man como está vivindo o sector o adianto da campaña da centola e como foi o primeiro día deste ano.

    A lonxa de O Grove foi a primeira de Galicia en volume de facturación e descargas da centola en 2014. 41 toneladas deste crustáceo por un valor de 640.000€. O patrón maior lembrou que non poden saír ao mar se este non lles da cartos pero amósase optimista coa campaña deste 2015.

    Na visita tamén puideron valorar a situación da ameixa e coñecer as novas infraestruturas da lonxa que preservan un espazo reservado para que visitas e espectadores non teñan que estar entre os compradores nas poxas.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/10/conselleira_lonxa_grove.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/10/conselleira_lonxa_grove.mp4{/flowplayer}