Catas de Galicia repartiu os seus Acios en Cambados

    CAMBADOS> As Catas de Galicia de Viños, Augardentes e Licores Tradicionais celebraron onte o acto no que se recoñeceron o mellor caldo branco e tinto do ano. No acto, que se celebrou en Cambados, déronse cita importantes rostros da política, do mundo empresarial e social da comunidade. A Cidade Europea do Viño 2017, ou o que é o mesmo; Cambados, acolleu na tarde de este luns a celebración dos recoñecementos que conceden cada ano Catas de Galicia de Viños, Augardentes e Licores Tradicionais, que desvelaron onte unha extensa lista de produtos premiados entre os que destacaron os dous Acios de Ouro de Galicia. O acto presidido polo presidente da Xunta de Galicia, e nel tamén estiveron o vicepresidente da administración autonómica, a directora de Turismo de Galicia e a Conselleira de Medio Rural, entre outros. O presidente aproveitou a súa intervención para facer un chamamento a aumentar a exportación dos viños galegos. Un acto de recoñecemento ao traballo ben feito, pero tamén de reivindicación, no que se fixo fincapé na necesidade de que a xente non compre viño sen etiquetar. En canto aos recoñecementos por denominacións, en Rías Baixas o Acio de Ouro Branco ao Pazo de Villarei, a Prata para La Trucha e o Bronce para Namorío. Os Rías Baixas tamén tiveron representación na categoría de Espumosos, onde triunfou o Sensum Laxas e nos viños de pequenas adegas, onde o ouro recaeu sobre o Lagar da Cachada. No caso das augardentes o ouro foi para Pazo Señoráns, no licor café recaeu en Fonte Frade e por último no licor de herbas, o ouro logrouno Porta do Miño.