131 locais hostaleiros do Salnés beneficiáronse das axudas da Xunta para acondicionar as terrazas

VILAGARCÍA> A xunta de Galicia investiu máis dun millón de euros no Salnés para acondicionar as terrazas e impulsar a venda a domicilio na hostalería. En total 131 establecementos desta comarca víronse beneficiados por estas axudas. Un deles está situado en Vilagarcía, e con estas axudas puido financiar o 80% da súa terraza, máis de 6 mil euros.

A xunta de Galicia puxo a disposición dos establecementos hostaleiros unha aliña de axudas para acondicionar as terrazas e impulsar a venda a domicilio. Na comarca do Salnés, 131 locais se sumaron a esta iniciativa. Entre eles o Village Bakery de Vilagarcía.

A contía total aportada pola xunta a este negocio superou os 6 mil euros.

Estas axudas estaban destinadas a paliar os efectos da pandemia e as restrición na hostalería. Grazas a elas permitiuse a moitos negocios traballar en exterior e salvar os postos de traballo.

As melloras na terraza permiten que máis clientes poidan gozar dos almorzos do establecemento.

En total, o investimento da Xunta nos 131 negocios do Salnés foi de máis dun millón de euros. Unhas subvencións ás que tamén accederon 75 negocios da comarca de Pontevedra e 16 da de Caldas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí