Cambados inviste preto de 200 mil euros en reformas na biblioteca, na Merced e na iluminación municipal

CONCELLOS> O concello de Cambados remata as reformas feitas na vila cos fondos do plan concellos 2020. Estas actuacións centráronse en reformar a fachada da biblioteca municipal, mellorar as instalacións do centro da Merced e renovar a iluminación da vila. O coste total das tres intervencións roldou os 189 mil euros.

O Concello de Cambados aproveitou os fondos do plan concellos da deputación de Pontevedra para mellorar diferentes instalacións municipais da vila. As tres últimas leváronse a cabo nas reformas da biblioteca municipal, na mellora das instalacións do centro social da Merced e na renovación da iluminación. O coste total dos investimentos roldou os 189 mil euros.

A inversión na renovación da iluminación tivo un custo de 94 mil euros. Os puntos de luz foron substituídos por iluminación Led para dotar á vila de maior eficiencia enerxética. Outras das actuacións realizouse no centro sociocultural da Mercer, actual sede da Garda civil, cun orzamento de 40 mil euros.

A última das obras tivo lugar na biblioteca municipal Luís Rei de Cambados. Cun investimento de 54 mil euros, os traballos centráronse na renovación da cuberta.

Estas non son as únicas obras que o goberno local desenvolveu na vila o pasado ano co plan concellos. En total a deputación investiu máis de 600 mil euros en diferentes proxectos en Cambados.

Dende o concello xa traballan nos proxectos do 2021. As primeiras intervencións centraranse en aumentar a humanización da praza de Fefiñáns e na reforma da praza da xuventude.