O Marexadiña Campelo aterra en Poio con moitas actividades

Pontevedra> Esta fin de semana a parroquia de Campelo, no concello de Poio acollerá o Marexadiña. Unha cita destinada para todos os membros da familia onde os pequenos serán os grandes protagonistas. Hinchables, concertos e actividades acuáticas daranse cita neste evento que se celebrará os días 14 e 15 deste mes. O venres 14 e o sábado 15 de xullo a parroquia de Campelo en Poio contará con moitas actividades que encherán de contido o Marexadiña Campelo. Unha cita que organiza a Asociación Cultural Deportiva de Campelo e no que colaboran a Deputación de Pontevedra e o Concello de Poio. O venres haberá hincables na Praza da Granza a partir das catro da tarde, ás 22:30 sesión de cine coa proxección da nova película dos Cazafantasmas. As once dará comezo o concerto de Raúl e Cía e a continuación música a cargo dun DJ ata as tres e media da noite. O sábado de doce da mañá a sete da tarde contarán cunha tirolina de 140 metros na praia de campelo, tamén haberá hinchables pola tarde na Praza da Granza e a partir das sete comezarán as actuacións musicais que se alongarán ata pasadas as duas da madrugada. Dende a deputación destacaron a boa sintonía que neste tipo de eventos se mestura entre o deporte e a cultura. Xa o saben este venres 14 e sábado 15 terán moitas actividades das que desfrutar no Marexadiña de Campelo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí