Pontevedra> Pontevedra viviu o seu festivo local, o seu San Bieito, con moito ambiente e actividade na cidade. O mosteiro acolleu a centos de persoas que lle realizaron ao santo as súas peticións, e mercaron o aceite milagreiro para curar as verrugas. Ao mesmo, tempo a playa fluvial de Lérez acolleu a romaría na que se reparte máis de 1500 kilos de mexillóns e outros tantos de empanada, todo de balde. Son moitos os que o longo destas mañá realizaron ao santo as súas peticións para este ano. Un día onde a tradición está moi presente. E unha xornada, no mosteiro de San Bieito de Lérez onde tampouco faltou o aceite milagreiro. 1500 kilos de mexillóns e o mesmo de empanada unha boa maneira de festexar este festivo local. A xente amosábase encantada con esta iniciativa. Xo acaban de ver, hoxe en Pontevedra viviuse un San Bieito por todo o alto, onde a gastronomía, a música e a tradición estiveron moi presentes.
Inicio PONTEVEDRA