As obras de ampliación do Paseo Marítimo entre Marín e Pontevedra comezarán en 2020

PONTEVEDRA> As obras de ampliación do Paseo Marítimo entre Marín e Pontevedra comezarán en 2020. Así o anunciou esta mañá o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, durante a presentación do proxecto. O cal contará cunha inversión de 2,5 millóns de euros e con 2 quilómetros que conectarán os dous tramos xa existentes.

As obras do paseo peonil a Marín comezarán ao longo de 2020. Esta noticia foi confirmada esta mañá polo delegado do Goberno en Galicia no acto de presentación do proxecto. A licitación da obra tivo lugar a mediados de agosto e está previsto que a finais de setembro conclúa o prazo de presentación de ofertas. Unha vez adxudicado, o prazo de execución é de 9 meses.

O paseo peonil, de 2 quilómetros de lonxitude, está dividido en dúas partes.  A primeira dará continuidade ao paseo da avenida de Marín cara á PO-12 cunha pasarela metálica de 800 metros de largo. O segundo tramo prolongará o paseo marítimo cunha senda peonil con carril bici. Esta parte incluirá tamén a construción dunha nova glorieta nas inmediacións dos antigos terreos de Malvar.

O alcalde de Pontevedra amosou a súa satisfacción con este paseo e  anunciou que o Concello presentará un anteproxecto de reforma do nó do porto de Marín.

O Paseo Marítimo contará cunha inversión de 2,5 millóns de Euros do Ministerio para a Transición Ecolóxica. Un paso fundamental para facer realidade unha das demandas históricas dos Concellos de Marín e Pontevedra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí