Pontevedra> Os representantes do persoal que traballa no Centro de Maiores de Campolongo anunciaron hoxe unha serie de mobilizacións que levarán a cabo nas vindeiras semanas. O fin, denunciar a situación de precariedade do servizo nesta residencia que conta con 100 usuarios. Para elo, mañá mesmo iniciarán unha campaña de recollida de sinaturas pola cidade que serán enviadas ao presidente da Xunta de Galicia.
Recoller sinaturas e amosar a realidade que se vive na Residencia de Maiores de Camposlongo. Ese é o obxectivo que se marchan os representantes do persoal que traballa neste espazo, quenes se queixan da precariedade na que teñen que traballar día a día. Por este motivo sairán a rúa mañá mesmo dende as 10:30 ata as 13:30, estarán na Praza da Peregrina dando a coñecer a realidade que se vive nesta residencia.
Nesta mañá enumeraron algunhas das deficiencias coas que conta esta residencia tales como que a planta terceira e cuarta carecen de toma de osíxeno e de respiración, piden un espazo para enfermería e unha sala de estar. Ademais nesta xornada estes representantes tamén denunciaron a precariedade laboral dos traballadores.
Son 76 os empregados que actualmente traballan nesta Residencia, dende o comité de empresa din que sería necesario incrementar en 14 traballadores máis co fin de cubrir en boas condicións as demandas de atención que requiren os usuarios. E dende este Comité tamén critican a falta de veracidade do conselleiro nesta materia.
Dende o Comité anunciaron que tamén levaron este asunto ante a Fiscalía e a Valedora do Pobo. Agora, agardan que a campaña que inician na rúa provoque unha reacción na consellería co fin de que se destine o investimento necesario para esta Residencia de Maiores en Campolongo.