O PP provincial solicita levar a pleno extraordinario a situación do Príncipe Felipe

PONTEVEDRA> O PP provincial solicita un pleno extraordinario para que a Deputación se pronuncie sobre a Cidade Infantil do Príncipe Felipe. Unha petición que chega despois de que o goberno provincial anunciase a supresión do convenio coa Xunta de Galicia a causa dos incidentes rexistrados no mesmo. O PP provincial solicitou este mércores por rexistro a celebración dun pleno extraordinario para que a Deputación de Pontevedra se postule sobre a Cidade Infantil do Príncipe Felipe. Unha petición que os populares fan despois de que o ente provincial rompese de xeito unilateral un acordo de colaboración coa Xunta de Galicia a causa duns incidentes que se rexistraron con menores conflitivos que desvía a Consellería de Política Social en réxime de internamento. Este mércores nunha comparecencia as portas do Pazo Provincial, a voceira popular Nidia Arévalo afirmou que solicitará a ratificación de este convenio coa Xunta de Galicia. Os populares afirmaron na mañá de este mércores que queren que se lle revoquen as delegacións a Carmela Silva, en outros deputados, no sentido de unificar a xestión. Os conservadores provinciais solicitarán tamén unha convocatoria da comisión mixta de seguimento prevista no convenio, para a atención de menores no Príncipe Felipe.