Teconoloxía e patrimonio para un Tek Fest de vangarda

Pontevedra> Do 25 ao 30 de setembro Pontevedra volverá a acoller unha nova edición do TEK FEST. Un evento que este ano terá como temática central a tecnoloxía e o patrimonio. O obxectivo desta cita é situar a Pontevedra na vangarda tecnolóxica. A finais de setembro Pontevedra volverá a acoller unha nova edición do TEK FEST, unha cita que este ano terá como temática central a tecnoloxía e o patrimonio co fin de tentar facilitar estas dúas conexións. Un evento dividido en 4 liñas de programación. Unha cita que ten como fin democratizar a teconoloxía e situar a Pontevedra na vangarda tecnolóxica. Nos vindeiros meses irán presentando máis sobre a programación para eses 5 días tecnolóxicos que se vivirán en Pontevedra.