PONTEVEDRA> Comezan as obras de mellora da seguridade viaria na estrada entre Pontevedra e Vilagarcía á altura de Campañó. A actuación céntrase nun treito de medio quilómetro, cun investimento de máis de 860.000 euros. A intervención busca mellorar a mobilidade na parroquia, cunha nova glorieta, sendas peonís ou zonas de estacionamento. Trátase dunha zona especialmente sensible porque nas inmediacións se situá o centro infantil e de primaria de Campañó.
A Xunta vén de iniciar as obras de mellora da seguridade viaria da estrada PO-531 ao seu paso pola parroquia pontevedresa de Campañó. A actuación abrangue un treito de medio quilómetro entre o cruzamento da PO-310 e a rotonda da variante norte de Poio. Esta mañá visitaron o arranque deses traballos a Conselleira de Infraestruturas e o alcalde de Pontevedra.
E iso é, precisamente, o que se busca resolver con esta reforma nunha zona especialmente sensible, preto do colexio de Campañó. Para favorecer a mobilidade peonil crearanse sendas por ambas marxes, ao tempo que se construirá unha nova rotondo para a incorporación da PO-310. Ademais, melloraranse outras interseccións, tres paradas de autobús e crearanse novas zonas de aparcadoiro.
O alcalde amósase satisfeito coa solución proposta que di, vai na liña do modelo de cidade.
O proxecto conta cun orzamento de 862.000 euros.











