O cómic reinterpreta os clásicos da pintura universal nunha mostra que xa se pode visita no Pazo da Cultura

PONTEVEDRA> Obras mestras da pintura universal reinterpretadas dende a estética do cómic. Esta é a proposta da exposición que xa acolle o Pazo da Cultura de Pontevedra. Máis de 70 debuxantes nacionais e internacionais participan na mostra, que baixo o título “A arte no cómic” agrupa medio milleiro de ilustracións.

Moitas destas obras soaranlle pero, como ven, teñen unha estética diferente ás orixinais. Son algunhas do medio milleiro de ilustracións que agrupa a exposición “A arte no cómic”, que presenta obras mestras da pintura universal reinterpretadas dende a estética do cómic.

Máis de 70 debuxantes nacionais e internacionais participan coas súas reintrepretacións de clásicos como Las Meninas de Velázquez, El Grito de Munch ou El Guernica de Picasso.

A mostra organizada pola Fundación Telefónica leva dende o 2016 percorrendo cidades de todo o Estado. A Pontevedra chega ampliada, tras incorporar obras de autores galegos como Miguelanxo Prado, Brais Rodríguez, Óscar Raña ou Cynthia Alfonso.

A mostra poderá visitarse na sala de exposicións do Pazo da Cultura ata o 11 de novembro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí