Pontevedra> A deputación de Pontevedra celebrou neste venres dous anos de mandato. Fixoo cun acto institucional no Pazo Provincial onde tanto a presidenta como o vicepresidente quixeron destacar o cambio de rumbo que adoptou esta administración. Unha entidade, dixeron, aberta e que amosa a súa equidade con todos os concellos da provincia. Dous anos dan para moito e iso foi o que esta mañá fixeron na Deputación de Pontevedra onde celebraron os seus dous anos de mandato. Cun acto onde non faltou a música e moitos invitados de asociacións, entidades e como non representantes dos concellos da provincia. O Vicepresidente foi o primeiro en intervir. No seu discurso Mosquera falou do difícil que é chegar a ter unha opinión real da cidadanía, pese a isto o vicepresidente amouse satisfeito co traballo realizado nestes dous anos, onde dixo, a equidade estivo e estará por enriba de todo. Pola súa banda, a presidenta fixo un discurso moito máis amplo parándose nas inversións e traballos realizados nas diferentes áreas como cultura, deporte, servizos sociais ou igualdade. Carmela Silva na súa intervención de máis de media hora quixo agradecer o traballo realizado a por cada un dos deputados do PSOE e o BNG e dixo que a palabra que mellor definía estes dous anos é a de cambio. Un discurso onde a presidenta tamén se amosou contenta do traballo realizado. Para rematar foto de familia e pincho para celebrar estes dous anos, queda por diante outro tanto por festexar e moito traballo.
Inicio PONTEVEDRA