Rueda prenséntalle a Lores o proxecto de rehabilitación do edifico de Benito Corbal

Pontevedra> O vicepresidente da Xunte presentoulle esta tarde ao alcalde, no concello, o proxecto de rehabilitación do edificio de Benito Corbal. A alcalde amosouse máis que satisfeito con este proxecto. E Rueda insistiu en que se cumprirán os prazos e estará rematado para o primeiro trimestre deste ano. Co proxecto de rehabilitación rematado esta tarde, dende a Xunta de Galicia, presentárono no concello de Pontevedra. O alcalde dixo estar máis que satisfeito con este proxecto, que terá un espazo para a Universidade, tal e como demandaban dende o Goberno Local. Dende a Xunta de Galicia, o seu vicepresidente insistiu en que se cumprirán os prazos, a obra estará licitada a finais deste ano, e comezarán os traballos a comezos do 2018. Rueda dixo que este edificio, que contará cun investimento de 5 millóns de euros estará rematado no primeiro trimestre do 2019. Un edificio que contará ademais cun salón de actos, con pouco menos de 100 butacas para utilizar polas administracións e entidades que o precisen e soliciten. Serán 600 metros cadrados destinados a entidades, Rueda dixo esta mañá que como único requisito que se porán as asociacións será que o local adquirido se utilice dende a posta a punto deste edificio.