En Marea denuncia as deficiencias do Centro de Saúde de Baltar

    SANXENXO> Os deputados de En Marea Eva Solla e Marcos Cal, visitaron esta mañá o Centro de Sáude de Baltar, en Portonovo, para coñecer de primeira man a deficiencias que os veciños de Sanxenxo están a denunciar desde hai tempo. Solla comprometeuse a levar ó parlamento galego tanto a falta de persoal do centro como a necesidade dunha ambulancia medicalizada durante todo o ano. Os deputados de En Marea, Eva Solla e Marcos Cal, visitaron esta mañá o centro de saúde de Baltar, na localidade sanxenxina de Portonovo, para coñecer de primeira man unha problemática que lle teñen transmitido tanto asociacións veciñais como desde as ANPAS dos colexios da zona: as carencias deste centro sanitario. O pasado un de xuño incorporábase ó centro un pediatra, que se unía ó outro que había, para cubrir unha baixa que estivo vacante durante meses. Estes dous pediatras están no turno de mañá, pero os veciños de Sanxenxo consideran que é necesario un pediatra para o turno de tarde, sobre todo nestas datas nas que a poboación multiplícase no concello. Con respecto á ambulancia medicalizada, hai dúas semanas se inaugurou este servizo para a área do Salnés, que leva dous anos cubrindo a época estival. Desde En Marea solicitaron a presenza desta ambulancia na zona durante todo o ano. Aínda que agora remata o periodo de sesións no parlamento galego, Solla asegurou que na comisión desta semana levarán este tema, e desde En Marea reclamarán tanto a ambulancia como a escaseza de persoal. Os veciños criticaron tamén que o aparallo de raios X do centro de saúde estivo avariado , e os pacientes tiveron que ser derivados ó hospital de Pontevedra.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí