Nacen os Xoves Abertos, os concertos de Zona Aberta deste verán en Vilagarcía

VILAGARCÍA> Zona Aberta de Vilagarcía lanza os Xoves Abertos. Trátase da primeira iniciativa impulsada polo colectivo deseñesada específicamente para o sector hostaleiro, logo da súa integración na asociación hai uns meses.

A proposta inclúe cinco actuacións musicais dende o xoves 27 de xuño ata o xoves 25 de xullo. Todas eles terán como escenario emprazamentos cunha ampla presenza de establecementos hostaleiros e comerciais asociados a Zona Aberta.

O primeiro concerto será no barrio do Piñeiriño, da man da Gramola. Tamén actuarán Pablo Balseiro no Castro, Perfect Strangers na contorna de Arcebispo Xelmírez, Perseguidor na Baldosa e Dani Barreiro en Mendez Núñez.

Ademais, en cada un dos concertos, o colectivo de comerciantes e hostaleiros fará un sorteo de 100 euros, mobilizando neste ciclo de actuacións 500 euros en premios.