Rosa Quintana interésase polas necesidades dos mexilloeiros de Cabo de Cruz

BOIRO> A Conselleira do Mar mantivo unha xuntanza coa directiva da asociación de mexilloeiros de Cabo de Cruz para coñecer as principais demandas do sector. Acompañada da presidenta de Portos de Galicia, supervisou as obras dos novos pantaláns.

No marco das súas xuntanzas periódicas con representantes do sector miticultor, a Conselleira do Mar desprazouse ata Boiro para escoitar de primeira man as demandas da asociación de bateeiros Asmecruz. Entre elas, o peche parcial do porto para dotalo de maior seguridade.

Rosa Quintana destacou o labor da entidade que aglutina a máis dun cento de socios na bisca constante dunha xestión eficiente dos recursos e a máxima excelencia dos produtos. Durante a visita, na que tamén participou a presidenta de Portos de Galicia, supervisaron o avance das obras de construción dos pantaláns bateeiros no porto crucense.

Estas obras supuxeron un investimento próximo ós cinco millóns de euros. Estarán rematadas ó longo deste verán.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí