Augas de Galicia organiza unha visita guiada á EDAR da Pobra para dar a coñecer o seu funcionamento

A POBRA> O xerente de Augas de Galicia participou nunha visita guiada á EDAR da Pobra. O departamento autonómico organizou esta actividade coincidindo co Día Mundial da Auga para dar a coñecer o funcionamento das instalacións depuradoras e concienciar da importancia de facer un bo uso da xestión das augas.

Baixo o lema ‘Auga pola Paz’ celébrase hoxe o Día Mundial da Auga no que se pretende concienciar á cidadanía sobre o papel que temos cada un de nos no ciclo da auga. Con este fin, Augas de Galicia organizou unha visita guiada á depuradora da Pobra para dar a coñecer o funcionamento das instalacións, dende a captación da auga ata que volve ó mar convenientemente depurada.

Ademais de representantes das administracións, á visita asistiron ademais responsables de numerosas empresas do municipio posto que máis do 70 por cento das augas de chegan á EDAR pobrense son de orixe industrial.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí