Consenso na primeira Comisión de Seguimento das Obras do Auditorio de Vilanova

    VILANOVA> O pazo de Vista Real en Vilanova mergúllase no legado que o Pai Sarmiento deixou ó seu paso polo Salnés. Esta mañá comezou o curso de historia da Universidade de Santiago que achegará ó seus alumnos ás peregrinacións a Compostela, e o alcalde vilanovés quixo darlles a benvida. En 1745 Fray Martín Sarmiento percorreu un sendeiro de 190 quilómetros entre viñedos, vales e ríos, pola comarca do Salnés, para chegar en peregrinación a Santiago de Compostela. Unha ruta chea de historia e natureza que deu lugar, moitos anos despois, a unha variante do Camiño Portugués. “Arte, historia, xeografía e cultura na comarca do Salnés”, é o curso de verán que impulsa a Universidade de Santiago de Compostela centrado este ano na “Ruta do Pai Sarmiento”, un proxecto impulsado pola Mancomunidade do Salnés baseándose na viaxe realizada polo relixioso. Esta mañá o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, deu a benvida ós alumnos, no seu primeiro día de curso, que terá lugar no Pazo de Vista Real do concello, destacando a relevancia de coñecer a nosa historia. O alcalde aproveitou para lembrar que está previsto o comezo das escavacións do Castro de Cálogo, tras moito tempo agardando poder realizar este proxecto. Durante esta primeira xornada do curso interviñeron a doutoranda Alicia Padín, para falar sobre o pasado medieval da ruta, Celestino Lores, sobre o Camiño Portugués, Carlos Galbán arredor dos castelos do Salnés, e Natalia Conde sobre a imaxineira medieval. Os 13 alumnos matriculados, na súa maioría profesores de secundaria, enriqueceranse neste curso ata o próximo xoves, con xornadas que inclúen, ademais das charlas pola mañá, saídas de campo pola tarde, ós petroglifos de Vilagarcía, ou ó xacemento arqueolóxico da Lanzada.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí