Sanxenxo valora positivamente as medidas anticovid implantadas nas praias

SANXENXO> Sanxenxo valora positivamente as medidas empregadas nas praias para evitar os contaxios. O goberno investiu 960 mil euros na posta a punto do areais, preto dun 30% desa cantidade foi destinado ás medidas anti covid.

Un dos maiores reclamos do concello de Sanxenxo son as súas praias. Para o goberno local é unha prioridade a posta a punto dos seus areais para a chegada do verán. A situación do Covid obrigou ao equipo de Telmo Martín a tomar medidas para velar pola seguridade. Unhas normas que resultaron clave para a pouca incidencia que a enfermidade tivo na vila durante a época estival.

Para elo o concello destinou unha partida de 960 mil euros entre persoal, equipamentos e preparación das praias. Dos cales preto dun 30% foron dedicados a medidas anticovid.

Dende o concello xa traballan nos retos dos vindeiros anos. O seus obxectivos están centrados agora na obtención da bandeira azul para a praia de Nanín e na rexeneración da praia da Carabuxeira.

Outro aspecto a destacar na area de medio ambiente do concello de Sanxenxo son os seus 6 sendeiros recoñecidos con bandeira azul. Outra das metas do concello é crear unha nova ruta polo litoral da ría de Arousa, dende a Revolta ata o límite co concello de Meaño.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí