O concello presenta o proxecto de accesibilidade do Pavillón Municipal

Pontevedra> O concello de Pontevedra ven de presentar o proxecto de accesibilidade para o Pavillón Municipal de Deportes. Uns traballos, que contarán cun investimento de 231 mil euros, e que teñen como fin que todas as persoas con mobilidade reducida poidan acceder nas mesmas condicións que o resto aos espectáculos deportivos. Os traballos do pavillón Municipal para mellorar a súa accesibilidade contarán cunha intervención o menor posible co fin de respetar o proxecto orixinal do arquitecto Alejandro de la Sota, por ser un inmoble emblemático. O principal cambio será na planta baixa, na billeteira. Ademais na parte baixa do pavillón habilitaranse aseos para que as persoas ostomizadas poidan bailerar as súas bolsas. Tamén haberá cambios na entreplanta, onde se colocará outro aseo adaptado e modificarase a zona do palco. Dende o concello estiman que comecen estres traballos neste 2017 e contarán cun prazo de execución de 6 meses. O investimento para levar a cabo a accesibilidade do Pavillón Municipal de Deportes sserá de 231 mil euros e en ningún momento interferirán na actividade deportiva deste espazo.