A Deputación entrega os Premios Provinciais á Cultura

premioculturaponte2 copia.jpg PONTEVEDRA> A Asociación Arela, Leopoldo Nóvoa, Wenceslao Cabezas e o concello de Cangas foron os catro galardoados deste ano.

{flowplayer}images/salnes/PREMIOS_CULTURA_DEPUTACION_301111.flv{/flowplayer}

A Asociación Arela por ter a orixinal idea de organizar o Festival de Cine de Cans, o arousán Leopoldo Nóvoa García pola súa creatividade e por conseguir levar a súa obra pictórica ós principais museos de arte contemporánea. Wenceslao Cabezas pola súa defensa e achegas á música tradicional galega, e o concello de Cangas polo seu traballo de recuperación do poboado castrexo do Monte Facho. Son os catro agraciados este ano co premio Deputación de Pontevedra á Cultura. 

Entre as autoridades que onte asistían á entrega dos premios estivo o conselleiro de Cultura. Roberto Varela salientou a importancia destas distincións polo feito de potenciar a cultura galega de base. O alicerce no que perviven as nosas tradicións.

Unha cultura, que, en palabras do presidente da Deputación pontevedresa, tamén pode resultar rendible, e non só economicamente. Rafael Louzán rematou facendo un chamamento á ‘xente da cultura’ para que, co seu traballo, contribúan a facer da galega unha sociedade aberta ó mundo pero tamén respectuosa das súas tradicións.

Redacción Salnés