Música, poesía e paisaxes para promocionar ‘o momento’ da provincia de Pontevedra en Fitur

PONTEVEDRA> A deputación de Pontevedra presentou en fitur a súa campaña turística “É o teu momento”. Unha presentación dinámica e moderna na que destacaron as paisaxes da provincia, a música e o recoñecemento ao sector turístico. A administración provincialbusca atraer aos visitantes a través das múltiples experiencias coas que gozar nas Rías Baixas.

A Deputación de Pontevedra preséntase en Fitur coa campaña “É o teu momento”. E faino a través dunha presentación moderna e dinámica composta de catro vídeos. Neles destaca a música, a poesía, as paisaxes e os recoñecementos ao sector turístico. A administración provincial busca con esta campaña atraer aso visitantes tralos duros momentos vividos no último ano e medio.

A promoción turística da deputación de Pontevedra xira tamén en torno ás múltiples experiencias nas que se inclúen a gastronomía, a cultura e o patrimonio.

A Deputación tamén pon en valor as paisaxes das Rías Baixas. E o fai sinalando a sustentabilidade da súa campaña. A presidenta invita a visitar a provincia a todas aquelas persoas que busquen a natureza como destino das súas vacacións.

Dende a deputación tamén quixeron remarcar o bo funcionamento do seu sector turístico, avalado por un novo liderado nos destinos Sicted. Administración provincial recibiu en Fitur o premio por ser a provincia con máis establecementos distinguidos. Tamén recollerá na feira as 11 Q de calidade da rede infor Rías Baixas. Recoñecementos que poñen en valor a aposta polo turismo da provincia de Pontevedra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí