PONTEVEDRA> A agrupación de Ciudadanos en Pontevedra ten por diante un futuro incerto. María Rey, a que fora máxima responsable municipal, e todo o seu equipo de confianza nos últimos catro anos, decidiron poñer punto e final a súa etapa na corporación laranxa. Unha decisión que deixa a Goyo Revenga como único membro da executiva local.
Os cambios de lista a última hora e as disputas internas no partido levaron a María Rey e ao seu equipo de confianza a dimitir de todos os seus cargos. Unha decisión moi meditada pola que fora máxima responsable municipal de Ciudadanos nos últimos anos.
María Rey asegura que esta decisión de abandonar o partido xa estaba tomada moito antes de coñecer os resultados electorais.
Aínda que decidiu poñer punto e aparte a súa etapa ao fronte da corporación laranxa, María Rey non descarta volver nun futuro a política local.
María Rey abandona Ciudadanos coa cabeza alta por todo o traballo que tanto ela como o seu equipo realizaron nos últimos catro anos na oposición. Agora soamente queda esperar a que o tempo decida se este é un adeus ou un ata pronto.
Comments are closed.