A decima edicion de BoiroMotos traera varias novidades no cartel

    BOIRO| A concentración moteira, hoxe xa un referente no ámbito autonómico, desenvolverase do venres ‘o domingo no parque da Cachada. Os afeccionados ás motos terán unha cita dende o venres ó domingo en Boiro, cunha nova edición, e xa van dez, de BoiroMotos. A actividade organizada polo Club Boiro Motos, en colaboración co propio Concello, agarda superar as cifras de anos anteriores, máis dun millar de moteiros chegados dende toda a xeografía galega, e tamén doutras comunidades ou mesmo Portugal. Será unha fin de semana cargada de atractivos, non só para os afeccionados ó mundo das dúas rodas, senón tamén para o resto de públicos, xa que as actividades serán múltiples e variadas. A destacar as exhibicións de stunt previstas para o venres e o sábado pola noite, o salón Boiromotos, onde se poderá atopar todo tipo de productos relacionados co mundo do mortor, así como algunha que outra novidade como é o caso dunha proba de Super Enduro e un concurso de motos oldie. Dende o Concello destacaron a importancia desta concentración, que co paso dos anos é xa un referente, converténdose un polo de atracción de visitantes á localidade. Como de costume o principal polo de atracción será a zona da Cachada onde se realizarán a concentración e tamén as exhibicións. Para máis información os interesados poden consultar a propia web da organización: www.boiromotos.com.