A Garda Civil intercepta oitocentos quilos de peixe e marisco ilegal procedente de Ribeira

    RIBEIRA| A Garda Civil informou do rexistro, na AP-9, á altura da peaxe de Padrón, dun turismo con remolque en cuxo interior transportaba uns oitocentos quilos de diversas especies de peixe e marisco, tanto fresco como conxelado, sen ningunha guía ou documento que amparase a súa lícita procedencia. Segundo indicaron fontes do propio Instituto Armado a súa procedencia era dun barco de bandeira francesa atracado no porto de Ribeira. Os feitos foron postos en coñecemento da Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia, dependente da consellería do Mar, que acordou o comiso da carga e a incautación do remolque, procedendo tamén ó levantamento das oportunas actas de denuncia.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí