Rianxo chora pola morte de Xosé Romero, fundador do mítico grupo Os Rosales de Asados

RIANXO> Esta tarde celebrábase o seu funeral na igrexa de Santa María de Asados, para posteriormente proceder á darlle sepultura os seus restos mortais no propio cemiterio parroquial.

O famoso gaiteiro tiña 91 anos de idade. Foi mestre de numerosos gaiteiros que hoxe fican un pouco máis tristes pola nova do seu falecemento.

Dende aquí o noso máis sentido pésame, en especial á súa dona Maruxa Miguéns, que o acompañou ó longo de toda a súa vida polos múltiples concertos e actuacións do Rosales.

Quedámonos co recordo da súa música e a súa inseparable gaita…