A lotaría trae un anaco de Nadal en pleno verán

    A Lotaría de Nadal xa está á venda. Aínda que faltan máis de 5 meses para o sorteo do Gordo, os décimos están xa a disposición dos que queiran probar sorte. A campaña, que repartirá este ano 70 millóns máis en premios que o ano pasado, chega no verán para fomentar as compras nos destinos turísticos. Vexan. Imaxínese que este ano a lotaría de Nadal cae nese lugar onde vostede estivo de vacacións e non comprou un décimo? Para evitar esta situación son moitos os turistas que se adiantan ó Gordo do nadal e deciden levar un boleto da sorte durante as súas vacacións. É a mensaxe que lanza a campaña The Guiris de Loterías e Apostas do Estado, que vén de dar comezo, para fomentar as compras este verán. E é que ademais de gozar da nosa terra, o por se acaso…nunca falla. Aínda que os turistas optan por adiantarse ó Nadal, os de aquí, na súa maioría, deixamos o tema da soñar con millóns para última hora. E algúns, os máis incrédulos, non xogan nin en verán nin no inverno . Os loteiros recoñecen que a época de máis venda é ás portas do nadal, pero este pequeño empurrón estival non vén nada mal. Os 170 millóns de décimos que haberá este ano xa están á venda, e custan o mesmo que os anos anteriores, 20 euros. Así que se este verán pasa as vacacións noutro lugar, xa pode levar un pouquiño de esperanza para a casa, que lle permita soñar ata o próximo 22 de decembro.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí