O BNG noiés insta á Xunta a acometer a reforma integral da estación de autobuses

    NOIA> Ademais do mal estado das plataformas de acceso ós vehículos, co perigo que isto conleva para os viaxeiros, os nacionalistas denuncian os problemas de filtracións e goteiras nas instalacións. O tenente de alcalde noiés, Bieito González, urxe á consellería de Territorio e Infraestruturas a desenvolver unha actuación de mellora integral da actual estación de autobuses da localidade. Segundo el, o anuncio por parte da dita Consellería da realización dunha serie de obras nas instalacións, que supuxeron o fin de todas as deficiencias existentes, dista moito de ser real. As únicas actuacións realizadas no recinto foron a colocación dunha varanda e o arranxo do peche perimetral que da ó Peirao do Marqués. Nada se sabe, polo de agora, do estado das plataformas de acceso ós vehículos nin tampouco do arranxo das filtracións de auga e as humidades no interior do edificio.