CC.OO denuncia o acoso laboral que sofren os empregados do Froiz de Noia

NOIA> Traballadores e membros do sindicato concentráronse este mediodía ás portas do supermercado . A protesta tiña como principal finalidade denunciar a explotación laboral á que se vén sometidos os traballadores deste centro, situado na rúa de Galicia. Entre outros aspectos denuncian xornadas de ata trece horas e o trato vexatorio que se lle dá ós empregados. Con berros coma estes…traballadores e membros do sindicato CC.OO quixeron dar a coñecer a situación laboral que se dá neste supermercado Froiz situado na rúa de Galicia. Dende o sindicato denuncian a xestión caciquil por parte da responsable desta tenda, que obriga ós seus empregados a realizar xornadas abusivas de ata trece horas, sen respectar tampouco as horas de descanso obrigadas. Ante a falla de resposta víronse obrigados a convocar esta concentración ás portas do centro de traballo. Unha medida de presión que continuarán realizando ata que a dirección de Froiz non dea solución ós graves problemas de vulneración de dereitos que sofren os empregados.